Tuesday 23 de April de 2024

Compostela acollerá dende mañá o Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus Emprendedores en Europa na Cidade da Cultura de Galicia


• Este evento foi promovido pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago e xuntará na cidade 200 responsables do programa de máis de 30 países

• Como preparación do evento, hoxe reuníronse na Cámara de Comercio de Santiago persoal da Axencia Executiva para o Consello Europeo de Innovación e as pemes e da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes

Hoxe tivo lugar na Cámara de Comercio de Santiago unha sesión preparatoria do encontro internacional de xestores do programa “Erasmus Xoves Emprendedores” que terá lugar, durante dous días, na Cidade da Cultura de Galicia, -Edificio Fontán- e que celebrará mañá, ás 10.30 horas, á súa inauguración oficial coa participación do Alcalde de Santiago e da Presidenta da Cámara de Comercio.

Na sesión de hoxe os responsables do programa en Bruxelas tiveron a oportunidade non só de coñecer de primeira man o traballo de UNINOVA e da Cámara de Comercio como intermediarios no programa, senón que tamén recibiron información dos programas e proxectos levados a cabo polas dúas entidades e o Biopolo tecnolóxico – no que ambas colaboran-, así como sobre o entorno empresarial da cidade e da rexión e os sectores de maior repercusión para o programa.

Tamén tiveron a oportunidade de escoitar aos beneficiarios do programa, tanto na vertente de empresas de acollida, como Coutomixtour e a Fundación Uxío Novoneyra, como na de novo emprendedor, onde Ángel Rodríguez, relatou a súa experiencia a partir da súa estancia en Holanda.

No evento de maná na Cidade da Cultura participarán preto de 200 técnicos de cámaras de comercio, centros de investigación, consultoras, universidades, centros de innovación, hubs empresariais, consultoras, pemes e emprendedores, entre outros; todos eles xestores do programa Erasmus Emprendedores de máis de 30 países.

Tanto a Cámara de Comercio de Santiago, como Uninova son intermediarios do programa a nivel nacional e foron quen promoveron, xunto co Concello de Santiago, que a Cidade de Compostela fose o escenario deste Encontro Internacional.

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

A Cámara de Santiago participa no programa desde o ano 2016 e neste período xestionou máis de 160 intercambios. No consorcio que lidera a Cámara participan outras Cámaras de Comercio como a Cámara nacional de Ucraína, a Martinica, o parque tecnolóxico da Universidade de Ankara entre outras entidades de 9 países (España, Portugal, Italia, Francia, Irlanda, Chipre, Albania, Ucraína e Turquía)
Ambas as entidades recibiron xa a comunicación de que os seus consorcios seguirán traballando no programa ata o ano 2027.

UNINOVA

UNINOVA, a incubadora de empresas do Concello de Santiago de Compostela e da USC, participou por primeira vez neste Programa no ano 2010, co consorcio internacional “Europa Emprende”, e na actualidade faino co consorcio YEIM, integrado por entidades públicas e privadas de 8 países europeos (España, Alemaña, Italia, Francia, Croacia, República Checa, Lituania e Bulgaria). Entre os anos 2017 e 2022 xestionou máis de 100 intercambios, sendo a maior parte deles de novos emprendedores españois que saíron a outros países.

Ambas entidades recibiron xa a comunicación de que os seus consorcios seguirántraballando no programa ata o ano 2027. Mentres que a Cámara de Comercio deSantiago contará cun orzamento de máis de 300 mil euros para o financiamento dos intercambios empresariaIs das persoas emprendedoras nalgún dos 38 países participantes da UE, UNINOVA contará cun orzamento de 225 mil de euros, para o mesmo menester. Por último, lembrar tamén que o programa conta con destinos GLOBAL, en Estados Unidos, Canadá, Israel, Singapura, Taiwan e Corea do Sur que están activos ata o ano 2024.